Entrada destacada

¿QUIEN SOY?

Hola a tod@s! Soy Paula, tengo 11 años y, como todos los niños de Galicia, y otros muchos de otras Comunidades Autónomas, llevo sin...

domingo, 29 de noviembre de 2020

UNHA AVESPA POR SORPRESA NA CLASE

 

Son unha avespa velutina. Son unha femia obreira, polo tanto mido 2,5 cm; os machos obreiros miden 3 cm. E a reina mide 3,2 cm e vive un ano. Teño patas cor marrón con extremos amarelos, tórax e abdome de cor negro e a testa cor laranxa. Aliméntome de insectos (abellas, formigas, bolboretas, pulgóns...). Dado que son unha obreira protexo o nido e obteño o alimento. Son unha das primeiras obreiras.


Hoxe as miñas compañeiras e mais eu temos un problema. Como xa non cabemos no niño provisional (embrionario) temos que construír un con fibra de madeira mascada a mais de 15 metros de altura na copa dunha árbore. Un niño secundario no que quepamos mais de 2000 avespas. Non sei como facelo e por iso estou moi nerviosa xa que non quero facelo mal , e que morramos todas porque os humanos queiran retiralo.


Quedamos en construír o noso niño na árbore dun colexio moi grande cerca da aula dos maiores para poder entrar na aula cando nos aburramos. Non queremos asustar, por iso imos facer o niño alí, xa que os maiores son os mais civilizados e non gritan nin asústanse tanto. Sempre apagan as luces e abren as ventás.


Sabemos que non está ben entrar nos edificios pero se están nunha parte da natureza na nós vivimos non nos queda outro remedio mais que facelo. As miñas amigas e mais eu tampouco gústanos pero ás veces temos que pasar por alí na clase de naturais, lingua, ou mates en busca de alimento e, xa que están... aprendemos un pouco!.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario